Monday 16 de September de 2024

O Concello destina 4.000 euros para apoiar a actividade de Rendas e Puntillas e para a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística


· A proposta inclúese dentro do Plan Estratéxico de Subvencións que se aprobou en pleno.

· Sandra Insua explica que “o obxectivo é axudar a sectores prioritarios, que xeran riqueza no municipio, como son o encaixe, o empresariado e o turismo”.

O goberno local de Camariñas aprobou a semana pasada o Plan Estratéxico de Subvención (PES) que rexerá durante o ano 2024 e que inclúe, entre outras, partidas que suman en total 4.000 euros para apoiar a actividade das asociacións de palilleiras e tamén da Asociación de Empresarios e Promoción Turística.

Por unha banda, no eido do encaixe, a axuda irá a parar á Asociación Profesional de Palilleiras ‘Puntillas’ de Camariñas (1.000 euros) e para a Asociación Profesional de Palilleiras ‘Rendas’ de Camariñas (1.000 euros). Pola outra, beneficiarase a Asociación de Empresarios e Promoción Turística (2.000 euros).

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explica que “o obxectivo é axudar a sectores prioritarios, que xeran riqueza no municipio, como son o encaixe, o empresariado e o turismo”.